Cambios na Dirección de Navantia Ría de Ferrol

(ver la versión en castellano)

Esta semana atopamos a nova do cambio, unha vez máis, do Director do Estaleiro Ria de Ferrol. E dicimos “unha vez” máis porque isto é un non parar. En marzo de 2017 o Director chamábase Julio Martín e agora chámase Eduardo Dobarro, e entre ambos estiveron Rafael Suárez e o destituído a semana pasada Jorge Filgueiras, que levaba dous anos nese exercendo esa función. En 4 anos, 4 Directores.

A que se debe este cambio?

Pois non o sabemos, máis aló da nota que anuncia o cambio agradecendo a Jorge Filgueiras os traballos realizados, non fomos informados do porqué desta destitución.

Hai dous anos tampouco nos explicaron os motivos dos cambios na Dirección que encabezaba Rafael Suárez, nin os cambios na xefatura da Oficina Técnica, nin os cambios na xefatura de Produción.

Tampouco nos explicaron os cambios no programa F-110.

Non entendemos que o mesmo que nomeou ao director hai 2 anos, o destitúa a falta dun mes escaso de que marche cara a Australia o último barco construído nos nosos estaleiros. Que pensará o Cliente?

A Representación Legal dos Traballadores (RLT) e o resto dos traballadores necesitamos que nos dean unha explicación de todos estes cambios. Nun momento no que:

  1. Está paralizado o proxecto da nova planta do Estaleiro de Ferrol.
  2. O taller sub-bloques é un investimento “inmaturo”.
  3. O programa das F-110 camiña frouxo cara á PDR.
  4. As entradas emanadas do Plan Estratéxico para o ano 2019 non acaban de pecharse.
  5. A subactividade esténdese, cada día que pasa, a unha maior porcentaxe da forza de traballo.

Con todo isto, que pasa co Estaleiro Navantia en Ferrol?

Deterioro dos procesos produtivos

Hai algo máis de 2 anos, as CCOO entregámoslle á anterior presidenta Susana de Sarria este documento:

No cal denunciábamos o deterioro crecente dos procesos produtivos no Estaleiro de Ferrol. Non se fixo nada. Ao preguntarlle ás persoas que entramos polas portas do Estaleiro sobre isto, a resposta máis repetida é que “queren pechar o estaleiro de Ferrol, como fixeron co estaleiro de Fene”.

O desleixo e desinterese que ten a dirección de Navantia co estaleiro de Ferrol é moi preocupante para tódolos que vivimos aquí. Os cambios constantes nos directivos de postos clave son só un síntoma máis desta falta de interese.

Dende CCOO non imos deixar de denunciar estas situacións e esixi-las explicacións oportunas á dirección corporativa, xa que estes cambios continuos, coma nunca antes se viran na historia do Estaleiro de Ferrol, son unha proba máis do gran mal que padece o noso estaleiro e os seus procesos de produción. Un estaleiro que, non o esquezamos, viña de acadar un éxito internacional que ata aquel momento nunca coñecera: fragatas norueguesas, fragatas australianas, LHD australiano, LHD turco, ademais dos buques para a nosa Armada: LPD, F100, BPE, …

Esta dirección está obrigada a explicar o que está a pasar co estaleiro ferrolán. Porque 4 directores en 4 anos non pode ser normal.

Vídeo: “Dende o noso PASADO, cara o noso FUTURO” – CCOO Navantia Ferrol