Confirmación do pago do incremento salarial do 2020

A dirección de Navantia confirmou que fará o pago do 2,3% de incremento xunto co pago da nómina de marzo deste ano, a finais do mes. Este incremento do 2,3% ten efectividade desde xaneiro de 2020, polo tanto xerará uns atrasos correspondentes a 15 meses (12 meses do 2020 e 3 meses do 2021).

No caso do persoal non activo (persoas afectadas polo ERE), este incremento regularizarase no vindeiro mes de abril.