O pasado xoves día 4 de febreiro unha caravana de coches composta conxuntamente por traballadoras e traballadores tanto das industrias auxiliares coma de Navantia percorreu a estrada ata A Coruña.

Despois de saír de Ferrol, a caravana fixo unha parada en Fene para que se sumaran os compañeiros deste estaleiro.

Fixemos unha parada na Delegación do Goberno e transitamos despois ao longo do paseo marítimo da cidade, co obxectivo de facer visibles os problemas que está a te-lo sector naval de Ferrol e comarca, e reclamar carga de traballo para cubri-lo oco que queda nos próximos case dous anos, ata que dé comezo a construcción das futuras fragatas F-110.

Este acto tivo unha considerable repercusión na prensa:
Caravana de coches del naval hasta A Coruña para reclamar un futuro para el sector – Ferrol360
Caravana de coches del naval para reclamar un futuro para el sector | Radio Ferrol | Cadena SER
La caravana de coches de Navantia llega a A Coruña – A Coruña – COPE