Delegados do Comité de Empresa de Navantia péchanse nos despachos de RR.HH.

Desde o pasado luns 1 de febreiro, os delegados ocupan tres despachos de RR.HH (recursos humanos) na Ría de Ferrol. O motivo é esixir transparencia, publicidade e que non existan arbitrariedades no proceso de selección para as incorporacións de novas e novos traballadores aos estaleiros da Ría de Ferrol.

As reivindicacións expostas son entre outras:

  • A publicación dos temarios de prazas para empregados senior.
  • Que se remate a avaliación das dúas mil persoas que se presentaron a técnicos superiores senior.
  • Que se resolvan as reclamacións que presentaron as persoas candidatas, xa que teñen unhas expectativas de ser respostadas.
  • O Presidente do Comité de Empresa, Emilio García Juanatey, detallou que “imos seguir mobilizándonos e presionando á empresa para que remate os procesos iniciados.

A nova desta mobilización no Galicia Ártabra:

Delegados del comité de empresa de Navantia Ferrol se encierran en los despachos de recursos humanos – Galicia Ártabra Digital (galiciaartabradigital.com)