Entrevista a Miguel Pol na Cadea SER

O xoves pasado, 28 de xaneiro, o noso Secretario Xeral, Miguel Pol, foi entrevistado pola Cadea SER. Miguel aproveitou esta entrevista para situa-los principais problemas cos que nos estamos a atopar no estaleiro de Navantia Ferrol.

Nomeadamente estes son diversos incumprimentos do convenio, e o desenvolvemento pendente das Comisións Centrais nel acordadas. Pero moito máis grave e perigoso para o futuro do noso centro, e do emprego na comarca de Ferrolterra, é o incumprimento dos compromisos adquiridos pola dirección desta empresa no seo dos acordos para o Plan Estratéxico de Navantia, que inclúen a potenciación do Taller de Turbinas como xerador de emprego, conseguir carga de traballo para período de máis de ano e medio que prevemos que poida demorar o comezo da construcción das F-110, e a preparación do estaleiro con inversións estratéxicas comprometidas para garantir o bo desenvolvemento destes traballos para a Armada (e nomeadamente o dique seco para novas construccións que recentemente foi posto en cuestión pola mesma presidenta da empresa).

Temos que lembrar que nos consta que falta deste dique afecta moi negativamente ás posibilidades de futuras contratacións de buques para os estaleiros de Ferrol.

Podes escoita-la entrevista a continuación:

Ou acceder a ela dende a web da Cadea SER:

Miguel Pol, portavoz de CCOO en Navantia Ferrol (28/1/2021) | Radio Ferrol | Audio | Cadena SER