Comunicado do Comité Intercentros de Navantia

O Comité Intercentros de Navantia vén de sacar no día de hoxe un comunicado denunciando a falta de vontade negociadora detectada na Comisión de Política Salarial por parte da dirección de RR.HH. de Navantia.

No comuniado infórmase do estado das negociacións en cada un dos puntos pendentes e se denuncia que a dirección de RR.HH. non está a achega-la información e a transparencia necesarias para levar a bó porto estas negociacións.

Estas negociacións están recollidas no articulado do noso convenio colectivo (I Convenio Colectivo Único de Navantia) e no PEN (Plan Estratéxico de Navantia), e a pesar diso a empresa non está a cumpri-los seus compromisos, polo que o Comité Intercentros esixe que se retomen os avances nas negociacións das distintas comisións.