Loito pola morte do compañeiro Rafael Pardo

A Sección Sindical de CCOO de Navantia Ferrol lamenta o falecemento do compañeiro Rafael, que traballou nos estaleiros da Bazán e foi militante das Comisións Obreiras desde a súa mocidade.

Trasladamos as nosas condolencias a familiares e achegados, así como o pesar desta Sección Sindical pola morte deste compañeiro, que foi un exemplo de loita.

En plena ditadura, traballou nos estaleiros de Bazán onde foi un militante comprometido nunha célula do Partido Comunista, e posteriormente, xa coa chegada da democracia, asumiu a responsabilidade de encabeza-la Sección Sindical de CCOO na daquela Bazán de Ferrol, dende a Secretaría Xeral da mesma e tamén sendo membro do Comité de Empresa.