No día de onte, o luns 23 de novembro, os comités de empresa dos estaleiros de Fene e Ferrol levaron a cabo unha mobilización conxunta non anunciada, que consistiu en impedi-la entrada nos edificios de Dirección dos dous estaleiros das distintas persoas responsables do departamento de recursos humanos (RR. HH.) e dos directores de cada un dos estaleiros.

Esta acción sorpresa ven a deixar á vista o desleixo da dirección da empresa no tocante ó futuro dos estaleiros de Fene e Ferrol. Senllos comités aproveitaron para lembrar públicamente os compromisos incumpridos, tanto de presentar un plan industrial para o Taller de Turbinas, como de dar conta do estado de avance en outras tres cuestións fundamentais, que son:
- A aposta pola diversificación e carga de traballo de eólica mariña para o estaleiro de Fene
- As inversións comprometidas e necesarias para o dique cuberto e a transformación dixital (coñecida tamén como estaleiros 4.0)
- O programa das fragatas F-110, que é estratéxico para a comarca de Ferrol.
foto previa á rolda de prensa (foto de Jorge Meis, Diario de Ferrol)
Aviso para a dirección
Dende CCOO vemos como unha mágoa ter que chegar a tomar medidas de presión para tentar que a dirección da empresa recapacite e cumpra o comprometido. Pero tamén queremos lembrar que se con isto non é dabondo, non nos tremerá a má á hora de aumentar a intensidade das nosas mobilizacións, chegado o caso, se detectamos que sexa necesario.
Paralelamente, a cadea Ser entrevistou a Miguel Pol, o Secretario Xeral da nosa Sección Sindical, na que desenvolveu polo miúdo as nosas reivindicacións e as argumentacións nas que se soportan. Clicando aquí poderás escoita-la entrevista completa.
Repercusión na prensa
O feito de non deixar ocupa-lo seu posto de traballo a estes directivos tivo unha destacada repercusión nos medios de comunicación, como se pode ver a continuación:
Trabajadores de Navantia bloquean la entrada a Dirección y RRHH – Ferrol360
Delegados de Navantia Ferrol impiden el acceso a las oficinas a la dirección del centro – Enfoques
Trabajadores bloquean el acceso de la dirección de Navantia Ferrol (elcorreogallego.es)
Trabajadores bloquean el acceso de la dirección de Navantia Ferrol – elcomunista.net