Rolda de asembleas parciais

Os Comités de Empresa de Fene e Ferrol veñen de convocar unha rolda de asembleas parciais ó longo das tres próximas semanas, para informar ós cadros de persoal dos seus centros da situación de maior ou menor avance nas distintas negociacións que hai abertas, así como dos retos ós que nos estamos enfrontando e aqueles ós que previsiblemente nos imos ter que enfrontar no futuro inmediato.